CGETI12 dic 20191 Min. de lecturaA BIOTECNOLOXIA CONSTITUE UN DOS PIARES DA IDENTIDADE INDUSTRIAL E DA ECONOMIA GALEGAS, DÍ A XUNTAActualizado: 13 dic 2019O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou no Galicia Bioday celebrado onte en Santiago de Compostela, que a biotecnoloxía converteuse, nos últimos anos, nun dos piares da nosa economía e unha parte máis da identidade industrial galega.O conselleiro, que tamén asistiu á entrega dos Premios Bioga 2019, incidiu no protagonismo que alcanzou a biotecnoloxía no tecido industrial galego e destacou a súa contribución á diferenciación, ao reforzo das dinámicas de produción, ao estímulo da competitividade e modernización doutros sectores estratéxicos, así como á súa proxección internacional.Conde puxo en valor os resultados alcanzados no marco da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 que xa permitiu unha facturación de 375M€ -un 25% máis do previsto inicialmente-; a creación de 27 novas empresas e a xeración de 356 empregos (un 120% máis do propósito inicial). Para logralo emprendéronse un total de 40 accións orientadas á transferencia tecnolóxica ás empresas –coa formalización de 114 contratos-, ao fortalecemento e consolidación empresarial -captáronse máis de 80M€ de fondos europeos e nacionais- e a atracción de novas empresas tractoras –a través das Unidades Mixtas de Investigación e a Compra Pública Innovadora.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou no Galicia Bioday celebrado onte en Santiago de Compostela, que a biotecnoloxía converteuse, nos últimos anos, nun dos piares da nosa economía e unha parte máis da identidade industrial galega.O conselleiro, que tamén asistiu á entrega dos Premios Bioga 2019, incidiu no protagonismo que alcanzou a biotecnoloxía no tecido industrial galego e destacou a súa contribución á diferenciación, ao reforzo das dinámicas de produción, ao estímulo da competitividade e modernización doutros sectores estratéxicos, así como á súa proxección internacional.Conde puxo en valor os resultados alcanzados no marco da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 que xa permitiu unha facturación de 375M€ -un 25% máis do previsto inicialmente-; a creación de 27 novas empresas e a xeración de 356 empregos (un 120% máis do propósito inicial). Para logralo emprendéronse un total de 40 accións orientadas á transferencia tecnolóxica ás empresas –coa formalización de 114 contratos-, ao fortalecemento e consolidación empresarial -captáronse máis de 80M€ de fondos europeos e nacionais- e a atracción de novas empresas tractoras –a través das Unidades Mixtas de Investigación e a Compra Pública Innovadora.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
コメント