CGETI
A FUNDACIÓN TÉCNICA INDUSTRIAL PRINCIPIA CONVOCATORIA DO PREMIO ‘GALICIA’ 2019, INICIATIVA DO CGETI

Una volta máis, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Galicia, que conta con o patrocinio do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, para traballos de promoción tecnolóxica e industrial ou áreas de coñecimento semellantes. O CGETI tenta así contribuir na propagación e difusión de inicitativas que conduzan a tal fin e à xeralización de coñecimentos de calquera atividade do eido tecnolóxico-industrial. Os traballos seleccionados haberán de ter unha contrastada calidade científica con enfoque divulgador e actualidade temática. Valoraránse especialmente os cantos metodolóxicos, divulgativos e técnicos, a argumentación, a oportunidade e o tratamento do tema. A data para presentación de traballos sinálase para o día 12 de marzo de 2019.
De xeito paralelo con o chamamento para o Premio Galicia, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Especial “Emprendedores” cuxo prazo de presentación de candidaturas rematará o día 11 de marzo de 2019.
Tanto ao Premio Galicia coma ao Premio Emprendedores, poden optar, de xeito exclusivo ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS, entendendo que só posúen tal condición aquelas persoas rexistadas en algún dos Colexios que os acollen e que forman parte do padroado da Fundación Técnica Industrial.
En coincidencia con ambas as duas convocatorias, estanse a valorar os artigos e informes técnicos publicados nas últimas edicións da Revista “Técnica Industrial” concorrentes ao concurso estabelecido, cuxo resultado emitiráse logo dun mes por parte do Xurado constituido con ese obxectivo.