CGETI23 jul 20181 Min. de lecturaA XUNTA MODIFICARÁ O DECRETO QUE REGULA AS GASOLINEIRAS PARA MELLORA DA COMPETENCIA O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), José María Marín Quemada, asinaron hoxe un protocolo de colaboración con diversas actuacións para mellorar a competencia no sector da distribución de carburantes en estacións de servizo de Galicia.En palabras do conselleiro, con esta iniciativa búscase dar resposta ao feito de que en Galicia, precisamente pola falta de competencia, os prezos dos combustibles antes de impostos se sitúen entre os máis altos de España, como xa veñen advertindo desde hai tempo as autoridades galegas de Competencia.O obxectivo, precisou, é “facilitar un maior número de operadores en Galicia e que haxa novas formas de comercialización que permitan que o prezo non sexa un obstáculo desde o punto de vista do mercado, e que o consumidor galego poida acceder en igualdade de condicións que calquera outro en calquera outra comunidade autónoma”.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), José María Marín Quemada, asinaron hoxe un protocolo de colaboración con diversas actuacións para mellorar a competencia no sector da distribución de carburantes en estacións de servizo de Galicia.En palabras do conselleiro, con esta iniciativa búscase dar resposta ao feito de que en Galicia, precisamente pola falta de competencia, os prezos dos combustibles antes de impostos se sitúen entre os máis altos de España, como xa veñen advertindo desde hai tempo as autoridades galegas de Competencia.O obxectivo, precisou, é “facilitar un maior número de operadores en Galicia e que haxa novas formas de comercialización que permitan que o prezo non sexa un obstáculo desde o punto de vista do mercado, e que o consumidor galego poida acceder en igualdade de condicións que calquera outro en calquera outra comunidade autónoma”.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments