CGETI14 feb 20191 Min. de lecturaAXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN) EXHIBE A ‘CIVIL UAVS INITIATIVE’ (POLO AEROESPACIAL DE GALICIA) A Xunta está a presentar o polo aeroespacial de Galicia no 8º Foro Transfiere, o principal foro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía que se está a celebrar en Málaga os días 13 e 14 de febreiro. Así, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde unha mesa redonda dedicada á “Civil UAVs Iniatiative”, xunto co director de vehículos aéreos de Indra, Francisco Javier Barcala; o director de I+D de Babcock, José Luis Saiz, e o director de estratexia de Boeing I+D Europa, Eduardo Carrillo.Patricia Argerey presentou o polo aeroespacial de Galicia como unha “iniciativa estratéxica que nos está permitindo, como rexión, gañar competitividade e crecemento económico e xerar capacidades industriais e sinerxías co coñecemento que aportan os nosos centros de coñecemento e empresas”. De feito, este proxecto está a mobilizar 164 millóns de euros de fondos público-privados, hai xa máis de 50 axentes traballando nel con contratos, entre empresas e centros de coñecemento (incluídas as tres universidades galegas) e está previsto que traballen nel case 500 persoas ata 2020. Argerey destacou que só existen outras tres iniciativas deste calado a nivel internacional, en Estados Unidos e Canadá, ningunha similar en Europa.Ver + > Civil UAVs Initiative
A Xunta está a presentar o polo aeroespacial de Galicia no 8º Foro Transfiere, o principal foro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía que se está a celebrar en Málaga os días 13 e 14 de febreiro. Así, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde unha mesa redonda dedicada á “Civil UAVs Iniatiative”, xunto co director de vehículos aéreos de Indra, Francisco Javier Barcala; o director de I+D de Babcock, José Luis Saiz, e o director de estratexia de Boeing I+D Europa, Eduardo Carrillo.Patricia Argerey presentou o polo aeroespacial de Galicia como unha “iniciativa estratéxica que nos está permitindo, como rexión, gañar competitividade e crecemento económico e xerar capacidades industriais e sinerxías co coñecemento que aportan os nosos centros de coñecemento e empresas”. De feito, este proxecto está a mobilizar 164 millóns de euros de fondos público-privados, hai xa máis de 50 axentes traballando nel con contratos, entre empresas e centros de coñecemento (incluídas as tres universidades galegas) e está previsto que traballen nel case 500 persoas ata 2020. Argerey destacou que só existen outras tres iniciativas deste calado a nivel internacional, en Estados Unidos e Canadá, ningunha similar en Europa.Ver + > Civil UAVs Initiative
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments