top of page
Foto del escritorCGETI

CELEBRACIÓN EN VIGO DO CONGRESO DE PREVENCIÓN Y SEGURIDAD INDUSTRIAL 4.0

O encontro anual Seguridad Industrial 4.0 que estase a celebrar na cidade de Vigo consolidase cunha participación de máis de 300 asistentes.




Na súa terceira edición, o Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0, constitúe un punto de encontro entre profesionais para concienciar sobre a importancia de ter en conta aspectos de prevención e seguridade na nova Industria 4.0. O encontro estase a celebrar no Centro Social AFUNDACIÓN de Vigo e está organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), co patrocinio e a colaboración do Concello de Vigo, GTG Enxeñeiros, Cíes Atlántico e o Consello Xeral de Profesionais de Seguridade e Saúde no traballo. Á inauguración do encontro, que se celebrou o xoves día 14 de novembro ás 10.15 horas, asistiron a Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca; o Alcalde de Vigo, Abel Caballero; o Presidente do CGETI, Macario Yebra; e o Presidente de APROSAL, Carlos M. Corral. Con esta terceira edición o Congreso busca constituírse nun punto de encontro de profesionais e empresas, para concienciar sobre a importancia dos aspectos de prevención de riscos laborais e seguridade industrial na Industria 4.0, co apoio das Administracións implicadas, dando a coñecer as opcións e ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías, a través da experiencia de empresas. O evento, que conta con relatores e expertos de relevancia en prevención e seguridade, terá unha duración de dous días, cun total de dez relatorios e dúas mesas redondas abertas, nas que os asistentes poderán introducir as súas inquietudes sobre accidentes laborais e ciberseguridad. A xornada do xoves comenzou cunha demostración e explicación en directo de Alberto Sainz, sobre o uso dos exoesqueletos para a redución e prevención de lesións de costas causadas polo esforzo físico. Ademais, falouse, entre outras cousas, de realidade virtual e as súas aplicacións industriais e o Internet das cousas aplicado á seguridade virtual. Na xornada deste venres destacan a intervención sobre responsabilidade penal na PRL 4.0 do Fiscal delegado de Sinistralidade Laboral da Coruña, Luís Anguita; e a demostración en directo de formación gamificada de Elena Vargas.


39 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page