Presidencia Lucense | 2020 - 2021

 © 2018 CGETI

  • CGETI

COGITI VEN DE PUBLICAR OS RESULTADOS DO II BARÓMETRO INDUSTRIAL QUE INCLÚE O INFORME GALEGO



Por segundo ano consecutivo, o Consello Xeral da Enxeñería Técnica Industrial de España (COGITI) publicou os resultados do II Barómetro Industrial, correspondente a 2018 e que, en informe específico, inclue a visión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia.

A consulta alcanza opinións e suxestións sobre a situación na que se atopan as empresas do ámbito industrial, así como dos profesionais que traballan nelas (traballadores autónomos e por conta allea), e as perspectivas que mostran diante da evolución da economía, en xeral, e do sector industrial, en particular.

No informe sectorial galego preténdese ofrecer datos relevantes e que sexan de interese na toma de decisións, tanto para os representantes do ámbito público como para o sector privado. Trátase dun estudo sociolóxico completamente independente, no que, a través das respostas ofrecidas polos Colexiados valórase a situación sectorial no noso país, a nivel nacional, e compárase ao mesmo tempo coa apreciación que estes profesionais teñen do contexto da súa rexión. Así mesmo, realízase unha comparativa cos resultados do I Barómetro Industrial 2017.

Por iso, o Barómetro é un bo indicador e proporciona unha visión certeira sobre o estado da economía, en xeral, e do sector da Industria, en particular, unido ademais ás perspectivas de futuro a medio e longo prazo. Este informe ten como obxectivo, por tanto, ofrecer á sociedade un diagnóstico do momento no que se atopan as nosas empresas industriais, por unha banda, e da situación dos profesionais que traballan nelas, por outro, grazas ás respostas obtidas na ampla enquisa realizada a unha mostra representativa dos colexiados de todo o país. Os enquisados representan proporcionalmente a gran parte dos ámbitos produtivos, e tamén está reflectida a valoración daqueles que están desempregados.

No nível de España, en liñas xerais, o 87,20% dos traballadores por conta allea describe a situación económica da empresa onde traballan como boa. No caso dos traballadores por conta propia (empresario ou autónomo), a opinión sobre a situación económica da súa empresa tamén é aceptable, xa que así o considera o 83,67% dos enquisados. En canto á evolución económica da mesma nos próximos anos, o 91,48% considera que será boa. A tendencia tamén é positiva na súa percepción da situación actual da industria a nivel nacional. Así o consideran, polo menos, un 75,09% dos enquisados. Con todo, a súa opinión é bastante máis negativa cando a valoración refírese á situación actual da industria nas súas respectivas rexións; e de forma xeneralizada existe un certo descontento coas Administracións nacional e rexional, no que respecta ás medidas tomadas para desenvolver e fomentar o sector industrial. Estes datos son tan só unha pincelada do estudo exhaustivo que realizamos, co fin de extraer interesantes conclusións para establecer, por mor das mesmas, as directrices estratéxicas que nos leven a afortalar un sector de futuro sustentable, e que contribúa a incrementar a prosperidade e competitividade que a nosa sociedade necesitan.


20 vistas