EXPERTOS GALEGOS REXEITAN OS SISTEMAS CALEFACTORES EN TERRAZAS DE HOSTALERÍA CONSIDERÁNDOOS ERRADOSCGETI9 ene 20201 Min. de lecturaSegundo o diario LA VOZ DE GALICIA nunha reportaxe do 9 de xaneiro de 2020, que resume no titular «Como medida enerxética, calefactar unha terraza é unha barbaridade total» apoiandose nas opinións de expertos galegos nese eido, entre os que se atopa o Enxeñeiro Técnico Industrial Jose Luis Calvo Rolle, director do Máster en Eficiencia Enerxética da UDC, que afirma que «Dende o ponto de vista da eficiencia enerxética resulta unha animalada».O que para a maioría dos cidadáns converteuse en normal -os calefactores en terrazas de hostalería abertas-, xera un rexeitamento radical nos especialistas en eficiencia enerxética e en medio ambiente. A profesora do departamento de Física da USC Anxos López resúmeo nunha imaxe: «É algo parecido a chegar a casa, acender a calefacción e abrir as fiestras». Os ecos das medidas tomadas nalgunhas cidades francesas respecto diso (Rennes prohibiu climatizar terrazas, Bordeus estúdao e París planea levalo a consulta) chegaron a España. Moitos se postulan por impor ese veto. O presidente da Fundación Renovables Fernando Ferrando móstrase tallante: «Unha terraza é un espazo aberto e calefactala é como levar auga dun lado a outro cun colador. Como medida enerxética é unha barbaridade, non pode ser». Todo iso choca cos esforzos que se toman dende a administración respecto ao tránsito enerxético.
Segundo o diario LA VOZ DE GALICIA nunha reportaxe do 9 de xaneiro de 2020, que resume no titular «Como medida enerxética, calefactar unha terraza é unha barbaridade total» apoiandose nas opinións de expertos galegos nese eido, entre os que se atopa o Enxeñeiro Técnico Industrial Jose Luis Calvo Rolle, director do Máster en Eficiencia Enerxética da UDC, que afirma que «Dende o ponto de vista da eficiencia enerxética resulta unha animalada».O que para a maioría dos cidadáns converteuse en normal -os calefactores en terrazas de hostalería abertas-, xera un rexeitamento radical nos especialistas en eficiencia enerxética e en medio ambiente. A profesora do departamento de Física da USC Anxos López resúmeo nunha imaxe: «É algo parecido a chegar a casa, acender a calefacción e abrir as fiestras». Os ecos das medidas tomadas nalgunhas cidades francesas respecto diso (Rennes prohibiu climatizar terrazas, Bordeus estúdao e París planea levalo a consulta) chegaron a España. Moitos se postulan por impor ese veto. O presidente da Fundación Renovables Fernando Ferrando móstrase tallante: «Unha terraza é un espazo aberto e calefactala é como levar auga dun lado a outro cun colador. Como medida enerxética é unha barbaridade, non pode ser». Todo iso choca cos esforzos que se toman dende a administración respecto ao tránsito enerxético.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Kommentare