CGETI1 feb 20191 Min. de lecturaGALICIA PRESENTA SUA ESTRATEXIA DE CAMBIO CLIMÁTICO E ACADAR AXIÑA SER NEUTRA EN EMISIÓN DE GASES Foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que Galicia conta xa cunha Estratexia de cambio climático e enerxía co fin de que a comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro. “Estamos a falar dunha folla de ruta a longo prazo co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050”, dixo, precisando que o documento define catro ámbitos específicos de actuación. Logo de subliñar que as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia estímanse no ano 2016 en 27,9 millóns de toneladas de CO2 -un 4,7% por debaixo do ano 1990 e un 22,4% por debaixo do ano 2005-, e presentan un comportamento máis favorable que as emisións do conxunto de España no mesmo período –Galicia é a terceira Comunidade que máis está reducir as súas emisións respecto a 1990-, Feijóo destacou o compromiso de trazar unha estratexia, co conxunto dos galegos, para acadar os obxectivos que se marca a Xunta: reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do 25% en 2030 e de máis do 80% en 2050. Para acadar esta meta, o responsable do Goberno galego subliñou que o sector primario e o medio natural serán piares fundamentais da solución. Non en van, os montes galegos suman unha superficie de máis de 2 millóns de hectáreas que representan un 56,6% do territorio da Comunidade.
Foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que Galicia conta xa cunha Estratexia de cambio climático e enerxía co fin de que a comunidade sexa o antes posible neutra en emisión de gases de efecto invernadoiro. “Estamos a falar dunha folla de ruta a longo prazo co obxectivo de alcanzar a neutralidade climática en 2050”, dixo, precisando que o documento define catro ámbitos específicos de actuación. Logo de subliñar que as emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia estímanse no ano 2016 en 27,9 millóns de toneladas de CO2 -un 4,7% por debaixo do ano 1990 e un 22,4% por debaixo do ano 2005-, e presentan un comportamento máis favorable que as emisións do conxunto de España no mesmo período –Galicia é a terceira Comunidade que máis está reducir as súas emisións respecto a 1990-, Feijóo destacou o compromiso de trazar unha estratexia, co conxunto dos galegos, para acadar os obxectivos que se marca a Xunta: reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do 25% en 2030 e de máis do 80% en 2050. Para acadar esta meta, o responsable do Goberno galego subliñou que o sector primario e o medio natural serán piares fundamentais da solución. Non en van, os montes galegos suman unha superficie de máis de 2 millóns de hectáreas que representan un 56,6% do territorio da Comunidade.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
コメント