CGETI8 may 20191 Min. de lecturaJORGE CERQUEIRO PEQUEÑO, DECANO DE COETIVIGO COORDINA O PROXECTO ‘PEER-LEARNING EXPERIENCE’ NA UVIGOActualizado: 20 may 2019 O Enxeñeiro Técnico Industrial, Profesor da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, Jorge Cerqueiro Pequeño, é o coordenador para a UVigo da iniciativa “Peer- Learning Experience”, de tres anos, que desenvolve a súa primeira fase entre xaneiro e xullo deste ano. O docente subliña que Vigo “é a única universidade galega na que se puxo en marcha un proxecto tan ambicioso que, máis aló da utilización do software 3Dexperience, busca formar o alumnado, o persoal docente e aos profesionais nas ferramentas que levarán a cabo a transición das empresas actuais cara a Industria do Futuro (Industry of the Future, IoF)”.Entre os principais sectores que se están enfrontando a cambios para se converter en industrias 4.0, ás chamadas Industrias do Futuro, o da automoción é o que está a afrontar a transformación máis significativa. Para isto, tanto os traballadores actuais como os futuros profesionais necesitan adaptar os seus coñecimentos a unha contorna de innovación e en proceso de cambio tecnolóxico. Neste contexto, as escolas de enxeñerías están inmersas en iniciativas que axuden a adaptar a formación dos seus estudantes, que serán os especialistas desta evolución. Un exemplo disto é o proxecto de desenvolvemento dun coche virtual, unha iniciativa posta en marcha pola UVigo que se enmarca no programa Peer- Learning Experience, financiado pola Fondation Dassault Systèmes, que ten como finalidade a creación dunha comunidade internacional colaborativa de docentes formados no uso da ferramenta 3 Dexperience, organizados baseándose nun grupo de universidades.+ Info >>
O Enxeñeiro Técnico Industrial, Profesor da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, Jorge Cerqueiro Pequeño, é o coordenador para a UVigo da iniciativa “Peer- Learning Experience”, de tres anos, que desenvolve a súa primeira fase entre xaneiro e xullo deste ano. O docente subliña que Vigo “é a única universidade galega na que se puxo en marcha un proxecto tan ambicioso que, máis aló da utilización do software 3Dexperience, busca formar o alumnado, o persoal docente e aos profesionais nas ferramentas que levarán a cabo a transición das empresas actuais cara a Industria do Futuro (Industry of the Future, IoF)”.Entre os principais sectores que se están enfrontando a cambios para se converter en industrias 4.0, ás chamadas Industrias do Futuro, o da automoción é o que está a afrontar a transformación máis significativa. Para isto, tanto os traballadores actuais como os futuros profesionais necesitan adaptar os seus coñecimentos a unha contorna de innovación e en proceso de cambio tecnolóxico. Neste contexto, as escolas de enxeñerías están inmersas en iniciativas que axuden a adaptar a formación dos seus estudantes, que serán os especialistas desta evolución. Un exemplo disto é o proxecto de desenvolvemento dun coche virtual, unha iniciativa posta en marcha pola UVigo que se enmarca no programa Peer- Learning Experience, financiado pola Fondation Dassault Systèmes, que ten como finalidade a creación dunha comunidade internacional colaborativa de docentes formados no uso da ferramenta 3 Dexperience, organizados baseándose nun grupo de universidades.+ Info >>
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments