top of page
  • Foto del escritorCGETI

NICANOR PIÑEIRO RECIBIU O PREMIO DE ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL DO ANO DA UNIÓN PROFESIONAL

Actualizado: 13 mar 2019



O galardón, que noso compañeiro Nicanor Piñeiro Sampedro recibiu de mans do Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Aspiazu, foi produto da proposta unámine dos Colexios Oficiales de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, de Ourense, de Vigo e da Coruña.

Unión Profesional de Galicia, que representa a uns 40 colexios profesionais de ámbito galego e a 65.000 profesionais colexiados que exercen na comunidade galega, entregou o 1 de marzo de 2019, na Sala Einsenman da Cidade de Cultura en Santiago de Compostela seus Premios a Profesionais Colexiados do Ano.

Tamén recibiu unha Distinción de Unión Profesional de Galicia, asociación que este ano cumple o seu 25 aniversario, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

O galardón trata de recoñecer “a excelencia dos profesionais colexiados que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia”. Os premiados foron o arquitecto técnico José Manuel Yáñez Rodríguez; a bióloga Alicia Estévez Toranzo; a deseñadora de interiores Belén Sueiro Fernández; o economista Luís Navaza Branco; o titulado en Educación Física e do Deporte Xullo Fernández Pérez; a farmacéutica María Jesús Lamas Díaz; a higienista dental María Asunción Pérez López; o enxeñeiro informático Francisco Javier García Tobío; o enxeñeiro industrial José Ramón Álvarez Arnau; o enxeñeiro técnico agrícola Francisco Barreiro García; o enxeñeiro técnico forestal Pedro López Benítez; o enxeñeiro técnico industrial Nicanor Piñeiro Sampedro; a logopeda Rosario Pita Díaz; o mariño mercante José Manuel Traba Díaz; o odontólogo e estomatólogo Jorge Linder Selbmann; a psicóloga Teresa Hermida Pérez; o químico Carlos Otero Suárez e o veterinario Manuel Angulo Moreno. A Primeira Edición destes “Premios Profesionais Colexiados do Ano” quiere recoñecer aos galardoados o seu traballo e trayectoria profesional exemplar no ámbito de actividade na que desenvolven ou desarrollaron a súa profesión. O presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, destacou que os galardóns “pretenden por en valor a excelencia dos profesionais colexiados de Galicia e, ao mesmo tempo, facer visible a exemplaridade no exercicio das profesións universitarias. Os nosos profesionales prestixian co seu traballo diario a súa profesión e transmiten à sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais”, apuntóu o presidente de Unión Profesional de Galicia ante un auditorio repleto de representantes dos colexios profesionais da comunidade autónoma.

124 visualizaciones0 comentarios
bottom of page