Baixo o lema “La voz de la industria”, O CENTRO DE CIBERSEGURIDAD INDUSTRIAL celebrou en Vigo o día 20 de setembro un encontro dirixido á industria galega, presentando por primeira vez os resultados preliminares do estudo sobre o estado da ciberseguridad na industria de Galicia. As motivacións deste encontró céntranse no feito de que nas instalacións industriais fóronse sumando novas capacidades tecnolóxicas que tamén introduciron vulnerabilidades e creáronse dependencias que, en moitas ocasións, permanecen perigosamente inadvertidas para a propia empresa e poden afectar, se non o están facendo xa, aos seus procesos produtivos. Segundo Belén Pérez Rodríguez, Coordenadora do CCI para Galicia, só cando se integre a ciberseguridade como un proceso máis dentro da organización, minimizaráse o risco e evitarase que as consecuencias dun incidente sexan máis graves e custosas. En Galicia en particular, as capacidades dos profesionais en ciberseguridad dos sistemas de automatización industrial están por baixo do 50% das que serían necesarias", indicou José Valiente Pérez, Director do CCI. No encontro destacouse un panel de debate acerca dos éxitos e fracasos na protección de SCI onde con COETIVIGO participaron FERROATLÁNTICA, EMALCSA, COITIVIGO, a Asociación PROFIBUS-PROFINET e ADHEX TECHNOLOGIES.
O CCI PRESENTOU RESULTADOS PRELIMINARES DO ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN DA CIBERSEGURIDADE NA INDUSTRIA
Actualizado: 24 sept 2018
Comments