A Xunta Executiva do Consello Galego de EE.TT.II. logo de acadar en sesión de 26 de xaneiro de 2019 o acordo de organizar a tradicional Ofrenda ao Apóstolo da Enxeñaria Técnica Industrial de España no Ano Santo Xacobeo do 2021, delegou as suas xestións no Presidente da Sede Compostelana do Colexio da Coruña (COETICOR).
Tras dos contactos iniciais estabelecidos con o Cabildo da Catedral e da Arquidiócese Compostelana, con idéntica finalidade fixéronse as oportunas xestións diante da Consellaria de Cultura e Turismo que se viron materializadas nun encontro que tivo lugar o dia 28 de xullo na sede compostelana da Axencia Pública TURISMO DE GALICIA.
Os representantes do CGETI, Jorge Rivera Gómez, Presidente; Germán Rodríguez Salgado e Juan Carlos Muñiz Abuín, respectivamente Decano accdtal. e Presidente da Delegación en Santiago do Colexio da Coruña, reuníronse con Isaías Calvo de la Uz, Director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e con Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo 2021. Na xuntanza participou tamén Manuel López García expresidente e Presidente de Honra da Delegación en Santiago do Colexio da Coruña.
A programación que pretende levar adiante o CGETI reflicte a de anteriores citas xacobeas, xuntando na capital de Galicia a unha representación de todos os Colexios Oficiais de EE.TT.II. de España, que na atualidade acollen arredor de 80.000 colexiados e colexiadas participando en actos culturais de camaradería e socialización que culminen con a Ofrenda ao Apóstolo na Catedral de Santiago por parte da representación corporativa axeitada dos Enxeñeiros Técnicos Industriais españois.
Convén salientar que a organización destes actos dispón do respaldo de José Antonio Galdón Ruiz, Presidente do Consejo General de la Ingeniería Técnica Industrial de España (COGITI)
Lóxicamente nesta oportunidade, con a incógnita de cómo decorrerá o futuro pola pandemia do COVID-19, iranse seleccionando datas e actos que encaixen nas medidas de sanidade e seguranza que, se cadra, permitan a conmemoración nas mellores condicións.
Comments