top of page
  • Foto del escritorCGETI

O ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL JOSE MANUEL PAZO, FALA EN LA VOZ DE GALICIA COMO PRESIDENTE DE EGA


Na entrevista, realizada en clave persoal, o Presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA) opina que o futuro é a electrificación total da economía, confirmando que nesta altura, a eólica xa acada o 20 % da xeración eléctrica en España, constituindo un 50 % do consumo eólico galego. Segundo él, con máis eólica, en cinco anos, xunto con a hidráulica, agardase cobrir todas as necesidades de consumo enerxético en Galicia. Asemade, Pazo Paniagua prognostica grandes avances na industria para os próximos anos.

A Asociación Eólica de Galicia fúndase en 1997 por iniciativa de nove empresas co obxecto de promover a implantación da enerxía eólica en Galicia, ademais de defender os intereses xerais das compañías asociadas. Foi a primeira asociación de España do sector e hoxe está integrada por vinte e sete firmas, sendo representativa do 70% da potencia que se instalará en Galicia cara ao ano 2020.

EGA tamén ten entre os seus fins difundir as bondades desta enerxía renovable como vector de crecemento, emprego e innovación, así como de protección e consolidación do medio ambiente.

EGA demanda un marco regulatorio estable que outorgue seguridade xurídica aos investidores, podendo afrontar con garantías a nova expansión do sector, derivada das poxas nacionais de enerxía e da tramitación galega de novos parques.

EGA fomenta o desenvolvemento de enerxía eólica como unha fonte propia, limpa, barata e xeradora de emprego. A Unión Europea fixou como obxectivo para 2030 chegar ao 35% de enerxías verdes.

37 visualizaciones0 comentarios
bottom of page