O PREMIO GALICIA 2019 PATROCINADO POLO CGETI EXTENDE ATÉ O 24 DE MAIO O PRAZO DE ENVÍO DE TRABALLOS CGETI20 feb 20191 Min. de lecturaActualizado: 25 feb 2019O Premio Galicia 2019 convocado pola Fundación Técnica Industrial baixo o patrocinio do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, para traballos de promoción tecnolóxica e industrial ou áreas de coñecimento semellantes, amplía até o día 24 de maio de 2019 o prazo de presentación de traballos. Con ese concurso o CGETI tenta así contribuir na propagación e difusión de inicitativas que conduzan a tal fin e à xeralización de coñecimentos de calquera atividade do eido tecnolóxico-industrial. Os traballos seleccionados haberán de ter unha contrastada calidade científica con enfoque divulgador e actualidade temática. Valoraránse especialmente os cantos metodolóxicos, divulgativos e técnicos, a argumentación, a oportunidade e o tratamento do tema. De xeito paralelo con o chamamento para o Premio Galicia, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Especial “Emprendedores” cuxo prazo de presentación de candidaturas tamén foi ampliado até o día 23 de maio de 2019.Tanto ao Premio Galicia coma ao Premio Emprendedores, poden optar, de xeito exclusivo ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS, entendendo que só posúen tal condición aquelas persoas rexistadas en algún dos Colexios que os acollen e que forman parte do padroado da Fundación Técnica Industrial. En coincidencia con ambas as duas convocatorias, a Fundación Técnica Industrial fixou prazos para valoración dos artigos e informes técnicos publicados nas últimas edicións da Revista “Técnica Industrial” todos eles acreditados para concorreren aos distintos premios estabelecidos. Logo da análise correspondente, o Xurado constituido con ese obxectivo, emitiu seu veredicto en data 11 de febrero de 2019.
O Premio Galicia 2019 convocado pola Fundación Técnica Industrial baixo o patrocinio do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, para traballos de promoción tecnolóxica e industrial ou áreas de coñecimento semellantes, amplía até o día 24 de maio de 2019 o prazo de presentación de traballos. Con ese concurso o CGETI tenta así contribuir na propagación e difusión de inicitativas que conduzan a tal fin e à xeralización de coñecimentos de calquera atividade do eido tecnolóxico-industrial. Os traballos seleccionados haberán de ter unha contrastada calidade científica con enfoque divulgador e actualidade temática. Valoraránse especialmente os cantos metodolóxicos, divulgativos e técnicos, a argumentación, a oportunidade e o tratamento do tema. De xeito paralelo con o chamamento para o Premio Galicia, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Especial “Emprendedores” cuxo prazo de presentación de candidaturas tamén foi ampliado até o día 23 de maio de 2019.Tanto ao Premio Galicia coma ao Premio Emprendedores, poden optar, de xeito exclusivo ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS, entendendo que só posúen tal condición aquelas persoas rexistadas en algún dos Colexios que os acollen e que forman parte do padroado da Fundación Técnica Industrial. En coincidencia con ambas as duas convocatorias, a Fundación Técnica Industrial fixou prazos para valoración dos artigos e informes técnicos publicados nas últimas edicións da Revista “Técnica Industrial” todos eles acreditados para concorreren aos distintos premios estabelecidos. Logo da análise correspondente, o Xurado constituido con ese obxectivo, emitiu seu veredicto en data 11 de febrero de 2019.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Yorumlar