A transformación dixital do sector industrial cara unha Industria 4.0 supón numerosas vantaxes e maior flexibilidade pero esta dixitalización das empresas implica tamén a aparición de novos riscos que requiren de profesionais especializados que acheguen a protección adecuada ás compañías e aos procesos produtivos. De feito, o informe “Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o SUG” sinala o eido da ciberseguridade na contorna industrial como un dos nichos laborais de futuro que requiren dunha formación específica que ata agora non existe na comunidade autónoma. Isto deixará de ser así coa posta en marcha do título propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial que acaba de ser aprobado pola Universidade de Vigo. Este curso botará a andar en xaneiro e oferta 30 prazas para unha docencia que será totalmente virtual a través de Campus Remoto, co obxectivo de abrir “o espectro de participantes a toda España e incluso Latinoamérica”
top of page
Buscar
bottom of page
Commentaires