top of page
  • Foto del escritorCGETI

VEÑENSE DE PUBLICAR OS RESULTADOS DO III BARÓMETRO INDUSTRIAL DE COGITI QUE INCLUE INFORME GALEGO


Por terceiro ano consecutivo, presentouse o informe correspondente ao III Barómetro Industrial elaborado polo Consello Xeral da Enxeñaría Técnica Industrial de España (COGITI) e a Cátedra Internacional COGITI de Enxeñaría e Política Industrial (UCAM) correspondente a 2019, que achega a visión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais sobre a situación na que se atopan as empresas do eido industrial, así como dos profesionais que traballan nelas (traballadores autónomos e por conta allea), e as perspectivas que mostran diante da evolución da economía en xeral, e do sector industrial en particular.

Este ano contouse, ademais, coa colaboración do Consello Xeral de Economistas de España, que aportou interesantes e acertadas achegas, que se materializou esencialmente no informe “Unha perspectiva económica da situación da industria en España", incluido no documento final.

Con o informe do Barómetro Industrial 2019 COGITI pretende oferecer datos relevantes e que sexan de interese na toma de decisións, tanto para os representantes do ámbito público como para os do sector privado. Trátase dun estudo sociolóxico completamente independente, no que, ao traveso das respostas ofrecidas por Enxeñeiros Técnicos Industriais, valórase a situación sectorial no noso país, a nivel nacional, e compárase ao mesmo tempo coa apreciación que estes profesionais teñen do contexto da súa Comunidade Autónoma. Así mesmo, realízase unha comparativa respecto aos resultados do Barómetro Industrial 2018.

Por iso, o Barómetro é un bo indicador que proporciona unha visión certeira da atualidade unido ademais ás perspectivas de futuro a meio e longo prazo. Este informe ten como obxectivo, por tanto, oferecer á sociedade o diagnóstico do momento no que se atopan as nosas empresas industriais, por unha banda, e da situación dos profesionais que traballan nelas, por outro, grazas ás respostas obtidas na ampla enquisa realizada a unha mostra enormemente representativa dos colexiados de toda España. Os enquisados representan proporcionalmente a grande parte dos ámbitos produtivos, e tamén está reflectida a valoración daqueles que están desempregados.

En liñas xerais, o 60,61% dos traballadores por conta allea describe a situación económica da empresa onde traballan como boa ou moi boa, mentres que o 26,83% deles sitúao nun nivel intermedio, e o 12,56% considérana mala ou moi mala. No caso dos traballadores por conta propia (empresario ou autónomo), a opinión sobre a situación económica actual da súa empresa é máis negativa, xa que o 33,04% considéraa boa ou moi boa, o 54,39% valoróuna nun nível intermedio, e o 12,57% opinou que era mala ou moi mala. Canto á evolución económica da súa empresa nos próximos anos, o 51,14% de traballadores por conta propia considera que será boa e moi boa, fronte ao 10,62% que considera que será mala ou moi mala.

15 visualizaciones0 comentarios
bottom of page