top of page
  • Foto del escritorCGETI

NICANOR PIÑEIRO RECIBIU O PREMIO DE ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL DO ANO DA UNIÓN PROFESIONAL

Actualizado: 13 mar 2019



O galardón trata de recoñecer “a excelencia dos profesionais colexiados que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia”. Os premiados foron o arquitecto técnico José Manuel Yáñez Rodríguez; a bióloga Alicia Estévez Toranzo; a deseñadora de interiores Belén Sueiro Fernández; o economista Luís Navaza Branco; o titulado en Educación Física e do Deporte Xullo Fernández Pérez; a farmacéutica María Jesús Lamas Díaz; a higienista dental María Asunción Pérez López; o enxeñeiro informático Francisco Javier García Tobío; o enxeñeiro industrial José Ramón Álvarez Arnau; o enxeñeiro técnico agrícola Francisco Barreiro García; o enxeñeiro técnico forestal Pedro López Benítez; o enxeñeiro técnico industrial Nicanor Piñeiro Sampedro; a logopeda Rosario Pita Díaz; o mariño mercante José Manuel Traba Díaz; o odontólogo e estomatólogo Jorge Linder Selbmann; a psicóloga Teresa Hermida Pérez; o químico Carlos Otero Suárez e o veterinario Manuel Angulo Moreno. A Primeira Edición destes “Premios Profesionais Colexiados do Ano” quiere recoñecer aos galardoados o seu traballo e trayectoria profesional exemplar no ámbito de actividade na que desenvolven ou desarrollaron a súa profesión. O presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, destacou que os galardóns “pretenden por en valor a excelencia dos profesionais colexiados de Galicia e, ao mesmo tempo, facer visible a exemplaridade no exercicio das profesións universitarias. Os nosos profesionales prestixian co seu traballo diario a súa profesión e transmiten à sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais”, apuntóu o presidente de Unión Profesional de Galicia ante un auditorio repleto de representantes dos colexios profesionais da comunidade autónoma.

127 visualizaciones0 comentarios
bottom of page