top of page

FUNCIONAMENTO DAS COMISIÓNS

​

Na procura da maior efectividade e flexibilidade, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais nos seus aspectos máis operativos funciona a través de comisións de traballo que se constitúen “ad hoc” para cada asunto para tratar e/ou acordar.

Os asuntos son propostos pola propia Xunta Executiva do CGETI, polo Presidente ou polas xuntas de goberno dos colexios que integran o CGETI.

Para cada asunto cada colexio selecciona aos seus mellores especialistas, participando en cada comisión de traballo representantes dos catro colexios galegos, sendo o seu obxectivo a procura do maior consenso nas súas conclusións.

Unha vez a comisión chega a un documento de conclusións, este elévase á Xunta Executiva do CGETI para a súa aprobación e aplicación. O responsable da coordinación das comisións de traballo é o Colexio Presidente

Comisións

bottom of page