top of page
  • Foto del escritorCGETI

BFAERO, DA CIVIL UAVS INITIATIVE LANZA CONVOCATORIA DE PROXECTOS CON DRONES E VEÍCULOS TRIPULADOS


A aceleradora Business Factory Aero ( BFAero), que forma parte do Polo Aeroespacial de Galicia impulsado a través da Civil UAVs Initiative (CUI) da Xunta de Galicia, lanzou súa segunda convocatoria para captar talento e seleccionar seis novos proxectos innovadores con drons e veículos non tripulados, tres para a fase de incubación e tres para a de aceleración.

Logo da presentación, producida no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo promovida pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, tivo lugar unha mesa redonda coa participación de representantes da Xunta de Galicia (Axencia Galega de Innovación – GAIN e Xesgalicia) do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), do Consorcio Aeronáutico Gallego – CTAG e das multinacionais Indra e Babcock, entidades que apoian e impulsan o desenvolvimento de novas empresas e ideas innovadoras a través de BFAero.

O prazo de presentación de iniciativas estará aberto até o día 15 de novembro de 2019.

BFAero é a aceleradora deste sector con maior dotación de apoio económico de Europa. Os proxectos admitidos na aceleradora dispoñerán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, accederán a un financiamento de ata 100.000 euros a fondo perdido na fase de incubación e de ata 50.000 na de aceleración. Adicionalmente, optarán a un financiamento en forma de préstamos de INDRA (a través de Indradventures) de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración. Ademais, na fase de aceleración terán acceso a préstamos participativos de ata 250.000 euros de Xesgalicia.

Todo iso fai de BFAero unha iniciativa de avangarda, non só polo seu equipo promotor, líder no sector, senón porque é ademais a incubadora-aceleradora do sector aeronáutico que prevé o investimento máis cuantioso por proxecto non só en España, senón en toda Europa, duplicando o seu apoio na fase de incubación ás iniciativas homólogas mellor dotadas noutras localizacións.

A Business Factory Aero, impulsada pola Xunta de Galicia, acolle ás empresas nas súas instalacións da Fundación CEL Iniciativas por Lugo. BFAero é un proxecto de equipo no que, aos membros da Xunta (IGAPE, XESGALICIA e GAIN), súmanse colaboradores de relevancia para garantir o éxito da iniciativa: empresas tractoras líderes de mercado no sector como Indra ou Babcock, pequenas e medianas empresas relevantes polo seu coñecemento ou as súas tecnoloxías, entidades colaboradoras como CTAG ou o Consorcio Aeronáutico Galicia e xeradores de coñecemento como as tres Universidades galegas.

+Info: https://www.civiluavsinitiative.com/


22 visualizaciones0 comentarios
bottom of page