top of page
  • Foto del escritorCGETI

FERIA GALEGA DA ENERXÍA

Actualizado: 19 abr 2018

Un espazo de confluencia de todo o sector que avanza para ser referente internacional

A II Feira da Enerxía de Galicia dará continuidade a un proxecto que contou con gran acollida na súa primeira convocatoria por ofrecer unha efectiva resposta ao sector. Farao cunha cita que profundará nas súas claves: a converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios nun foro con presenza de todos os tipos de enerxía e a mellor formulación posible para a xeración de negocio, a innovación e tamén a divulgación tanto técnica como social. Entre os seus eixos principais estarán a bioenerxía, o aforro e eficiencia enerxética e os combustibles alternativos para sectores difusos (transporte, gandería, residuos…). Unha excelente formulación coa que o certame quere posicionarse como referente no suroeste europeo.





16 visualizaciones0 comentarios
bottom of page