top of page
  • Foto del escritorCGETI

GALICIA, PIONEIRA NA PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA, ENCETANDO O PLAN PARA ACADAR CON ÉXITO O ANO 2030



O Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, apostou por unha planificación consensuada, con “protagonismo” para a sociedade civil, co obxectivo de deseñar, entre todos, o Plan Estratéxico 2021-2030 e afrontar con éxito os retos da Galicia da vindeira década. Co lema ‘A Galicia que imaxinas’, Martínez inaugurou hoxe a segunda rolda de mesas de expertos, nas que máis de 300 especialistas identificarán as medidas e liñas de actuación que contribúan a superar os retos que xa definiron na primeira quenda de 18 mesas o pasado mes de xullo, e que xiran en torno a catro eixos: a dinamización demográfica e o benestar, o cambio climático, a competitividade e a cohesión social. O titular de Facenda agradeceu “a participación activa” que están tendo estes representantes da sociedade civil, ao igual que xa se produciu durante a elaboración do actual Plan Estratéxico 2015-2020, “para conseguir que o documento final sexa un plan de todos”. Por tanto, subliñou que non se está “ante un acto illado, senón ante unha continuidade no tempo para definir unha estratexia a dez anos”, coa participación “de persoas expertas cunha traxectoria profesional que lles avala e que lles outorga autoridade para que as súas opinións sexan relevantes para formar parte dunha estratexia de país”. Ademais, anunciou a posta en marcha dun contacto directo ás institucións, entidades e asociacións para chegar ao conxunto da cidadanía e confirmou que xa está operativa unha nova web, www.planestratexico2030.gal, para animar a todos a facer a súa achega sobre as prioridades da Galicia de 2030 e para incluír medidas concretas para poder afrontalas con éxito.

13 visualizaciones0 comentarios
bottom of page