top of page
  • Foto del escritorCGETI

INFRAESTRUCTURA VERDE DE GALICIA. O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO, XUNTO CON AS UNIVERSIDADES D



O INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO, XUNTO CON AS UNIVERSIDADES DE COMPOSTELA E DA CORUÑA, CONTINUA SUAS TAREFAS DE CONFECCIÓN DA EXTRATEXIA DE INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA.


En vindeiras semanas celebraránse no Museu Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia os Encontros sectoriais, no que destaca o de “Enerxia e Minas” do 29 de xuño, que culminarán co Encontro Multisectorial do día 12 de Xullo de 2018.

Xa con ocasión da constitución do Grupo de Traballo para a creación da Estratexia, celebrado o día 18 de xullo de 2017, o representante do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, mostrou diante da directora do Instituto de Estudos do Territorio (vencellado à Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) o interese en participar da iniciativa, valorándose positivamente que se tivera en conta a este significativo colectivo de enxeñeiros facéndolle chegar a predisposición do mesmo.

Logo desa cita inicial, o propio Presidente do CGETI renovoulle por escrito a Directora do IET o interese de participar nas iniciativas prantexadas para desenvolver esas propostas de participación na esfera da Estratexia coma colectivo de 4.500 profesionais en Galicia expertos en todo tipo de instalacións e equipamento industrial pola sua ampla experiencia no marco das atribucións asignadas à profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial nos diferentes segmentos da industria, tales como instalacións de transporte de enerxía eléctrica ou combustibles, equipamento de depuración de augas (EDAP y EDAR) e suas redes de conductos de distribución/captación, instalacións de xeración eléctrica (centrais hidráulicas, equipos eólicos, outras enerxías renovabéis), aforro enerxético de instalacións, plantas industriais de aproveitamento de recursos naturais (canteiras, aserradeiros, ...). A oferta do CGETI foi ben valorada pola Directora do IET comprometéndose a tela en conta e preparar algunha actividade e/ou traballo específico orientado às problemáticas mencionadas e suas posibéis solucións.


25 visualizaciones0 comentarios
bottom of page