top of page
  • Foto del escritorCGETI

JORGE CERQUEIRO PEQUEÑO, DECANO DE COETIVIGO COORDINA O PROXECTO ‘PEER-LEARNING EXPERIENCE’ NA UVIGO

Actualizado: 20 may 2019


Entre os principais sectores que se están enfrontando a cambios para se converter en industrias 4.0, ás chamadas Industrias do Futuro, o da automoción é o que está a afrontar a transformación máis significativa. Para isto, tanto os traballadores actuais como os futuros profesionais necesitan adaptar os seus coñecimentos a unha contorna de innovación e en proceso de cambio tecnolóxico. Neste contexto, as escolas de enxeñerías están inmersas en iniciativas que axuden a adaptar a formación dos seus estudantes, que serán os especialistas desta evolución. Un exemplo disto é o proxecto de desenvolvemento dun coche virtual, unha iniciativa posta en marcha pola UVigo que se enmarca no programa Peer- Learning Experience, financiado pola Fondation Dassault Systèmes, que ten como finalidade a creación dunha comunidade internacional colaborativa de docentes formados no uso da ferramenta 3 Dexperience, organizados baseándose nun grupo de universidades.

87 visualizaciones0 comentarios
bottom of page