CGETI18 de mar de 20202 Min. de lecturaO CGETI SÚMASE AO COMUNICADO DO CONSELLO XERAL DA E.T.I. TRAS DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMAOs Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia e o Consello que os agrupa, fan parte do chamado xeralizado á concienciación e ao cumprimento estrito das prescricións fixadas no R.D.463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Sumámonos ao recoñecimento e agradecemento a todo o persoal sanitario, de xestión, corpos de seguranza, de supermercados, agricultores, e outros servizos, etc., polo extraordinario labor e a profesionalidade que lles caracteriza e coa que están a atuar. Pero á súa vez tamén, queremos pór de relevo o labor dos Enxeñeiros, que sempre están aí pero que nunca se ven, e refírome aos que conquiren que todo funcione correctamente e con seguranza nos hospitais (ucis, quirófanos, etc.), aos que aseguran o funcionamento dos servizos básicos e esenciais (enerxía, auga, iluminación pública, …), aos que seguen facendo que funcionen as industrias, os transportes públicos, as telecomunicacións, etc.; en definitiva, os que nos permiten seguir vivindo coa “normalidade” propia desta situación, así que vaia tamén para eles nosa maior felicitación. Atópanse nunha situación especial, e que xunto aos Enxeñeiros directores técnicos ou de obra, os coordenadores de seguranza e saúde, etc., non só se ven obrigados a extremar precaucións e velar non só pola seguranza de todos os cidadáns, que sempre o fan, senón tamén e moi especialmente das persoas ás que coordinan directamente. Porque no noso ADN, os Enxeñeiros Técnicos Industriais levamos incorporado como elementos prioritarios a seguranza e a saúde das persoas. De aí que dende as nosas organizacións tamén queremos achegar o noso pequeno grao de area, pondo en marcha unha serie de medidas tanto para colexiados, para empresas e para a sociedade no seu conxunto. ← + INFO72 vistas0 comentariosEntrada no marcada como Me Gusta
Os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia e o Consello que os agrupa, fan parte do chamado xeralizado á concienciación e ao cumprimento estrito das prescricións fixadas no R.D.463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Sumámonos ao recoñecimento e agradecemento a todo o persoal sanitario, de xestión, corpos de seguranza, de supermercados, agricultores, e outros servizos, etc., polo extraordinario labor e a profesionalidade que lles caracteriza e coa que están a atuar. Pero á súa vez tamén, queremos pór de relevo o labor dos Enxeñeiros, que sempre están aí pero que nunca se ven, e refírome aos que conquiren que todo funcione correctamente e con seguranza nos hospitais (ucis, quirófanos, etc.), aos que aseguran o funcionamento dos servizos básicos e esenciais (enerxía, auga, iluminación pública, …), aos que seguen facendo que funcionen as industrias, os transportes públicos, as telecomunicacións, etc.; en definitiva, os que nos permiten seguir vivindo coa “normalidade” propia desta situación, así que vaia tamén para eles nosa maior felicitación. Atópanse nunha situación especial, e que xunto aos Enxeñeiros directores técnicos ou de obra, os coordenadores de seguranza e saúde, etc., non só se ven obrigados a extremar precaucións e velar non só pola seguranza de todos os cidadáns, que sempre o fan, senón tamén e moi especialmente das persoas ás que coordinan directamente. Porque no noso ADN, os Enxeñeiros Técnicos Industriais levamos incorporado como elementos prioritarios a seguranza e a saúde das persoas. De aí que dende as nosas organizacións tamén queremos achegar o noso pequeno grao de area, pondo en marcha unha serie de medidas tanto para colexiados, para empresas e para a sociedade no seu conxunto. ← + INFO