top of page
  • Foto del escritorCGETI

O CGETI SÚMASE AO COMUNICADO DO CONSELLO XERAL DA E.T.I. TRAS DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA



Os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia e o Consello que os agrupa, fan parte do chamado xeralizado á concienciación e ao cumprimento estrito das prescricións fixadas no R.D.463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Sumámonos ao recoñecimento e agradecemento a todo o persoal sanitario, de xestión, corpos de seguranza, de supermercados, agricultores, e outros servizos, etc., polo extraordinario labor e a profesionalidade que lles caracteriza e coa que están a atuar. Pero á súa vez tamén, queremos pór de relevo o labor dos Enxeñeiros, que sempre están aí pero que nunca se ven, e refírome aos que conquiren que todo funcione correctamente e con seguranza nos hospitais (ucis, quirófanos, etc.), aos que aseguran o funcionamento dos servizos básicos e esenciais (enerxía, auga, iluminación pública, …), aos que seguen facendo que funcionen as industrias, os transportes públicos, as telecomunicacións, etc.; en definitiva, os que nos permiten seguir vivindo coa “normalidade” propia desta situación, así que vaia tamén para eles nosa maior felicitación. Atópanse nunha situación especial, e que xunto aos Enxeñeiros directores técnicos ou de obra, os coordenadores de seguranza e saúde, etc., non só se ven obrigados a extremar precaucións e velar non só pola seguranza de todos os cidadáns, que sempre o fan, senón tamén e moi especialmente das persoas ás que coordinan directamente. Porque no noso ADN, os Enxeñeiros Técnicos Industriais levamos incorporado como elementos prioritarios a seguranza e a saúde das persoas. De aí que dende as nosas organizacións tamén queremos achegar o noso pequeno grao de area, pondo en marcha unha serie de medidas tanto para colexiados, para empresas e para a sociedade no seu conxunto. ← + INFO






77 visualizaciones0 comentarios
bottom of page