CGETI18 feb 20201 Min. de lecturaO DECANO DO COETI DE LUGO ASUME A PRESIDENCIA DO CONSELLO GALEGO DE EE.TT.II. NO BIENIO 2020-2021O pasado 1 de febreiro celebrouse no Salón de Actos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo o Pleno ordinario de 2020 do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, durante o cual tomou posesión como Presidente Jorge Rivera Gómez para o periodo de 2020 e 2021. Con asistencia de 30 representantes dos Colexios que integran o Consello, à marxe do tratamento das cuestións ordinarias da xestión administrativa e económica do ano 2019, o Pleno acolleu a imposición da Insignia de Ouro do Consello a varios directivos que se fixeran acreedores da mesma. Ao abeiro do Regulamento de Honores do Consello, os galardonados foron Germán Rodríguez Salgado, José Manuel Seijo Casal, por decisión da Xunta Executiva do CGETI e, por mandado regulamentarios, Jorge Cerqueiro Pequeño, Santiago Gómez-Randulfe Álvarez e o mesmo Jorge Rivera Gómez, ao teren ocupado xa a Presidencia do Consello en periodos pasados. Outro punto senlleiro foi a presentación dun video explicativo da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial en Galicia, dos Colexios, do propio Consello e nomeadamente das Escolas e Universidades onde se imparten estudos universitarios que permiten o desempeño da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial materializando sua colexiación. O novo Presidente explicou ao Pleno as liñas esenciais do seu programa de goberno no que destaca súa iniciativa de organizar unha Xornada de Enxeñaria Sustentable que prevé celebrar no mes de xuño de 2020 en Santiago de Compostela.
O pasado 1 de febreiro celebrouse no Salón de Actos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo o Pleno ordinario de 2020 do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, durante o cual tomou posesión como Presidente Jorge Rivera Gómez para o periodo de 2020 e 2021. Con asistencia de 30 representantes dos Colexios que integran o Consello, à marxe do tratamento das cuestións ordinarias da xestión administrativa e económica do ano 2019, o Pleno acolleu a imposición da Insignia de Ouro do Consello a varios directivos que se fixeran acreedores da mesma. Ao abeiro do Regulamento de Honores do Consello, os galardonados foron Germán Rodríguez Salgado, José Manuel Seijo Casal, por decisión da Xunta Executiva do CGETI e, por mandado regulamentarios, Jorge Cerqueiro Pequeño, Santiago Gómez-Randulfe Álvarez e o mesmo Jorge Rivera Gómez, ao teren ocupado xa a Presidencia do Consello en periodos pasados. Outro punto senlleiro foi a presentación dun video explicativo da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial en Galicia, dos Colexios, do propio Consello e nomeadamente das Escolas e Universidades onde se imparten estudos universitarios que permiten o desempeño da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial materializando sua colexiación. O novo Presidente explicou ao Pleno as liñas esenciais do seu programa de goberno no que destaca súa iniciativa de organizar unha Xornada de Enxeñaria Sustentable que prevé celebrar no mes de xuño de 2020 en Santiago de Compostela.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments