Nestes días, a organización do III Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade Industrial 4.0, colocou na rede o acceso que posibilita ver online as Ponencias que se impartiron durante sua celebración, acontecida no mes de novembro de 2019. O Congreso constituiu un punto de encontro entre profesionais para concienciar sobre a importancia de ter en conta aspectos de prevención e seguridade na nova Industria 4.0. Celebrouse no Centro Social AFUNDACIÓN de Vigo, organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
As ponencias, estiveron a cargo de relatores e expertos de relevancia en prevención e seguridade, e às mesmas poderánse achegar directamente agora todos os interesados neste significativo eido de exercicio profisional dos Enxeñeiros Técnicos Industriais.
O III CONGRESO DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE INDUSTRIAL PUBLICA AS GRAVACIÓNS DE TODAS AS PONENCIAS
Actualizado: 2 abr 2020
Comments