O PRESIDENTE DO CONSELLO GALEGO DE EE.TT.II., XURADO NA MAKER FAIRE® GALICIA CGETI8 jul 20192 Min. de lecturaActualizado: 21 ago 2019 O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais ( CGETI) estivo presente na Maker Faire Galicia, o maior encontro de inventores do mundo dirixido a todos os públicos. Así, o Presidente da entidade, Macario Yebra Lemos, formou parte do xurado que elixiu os tres mellores proxectos makers profesionais. Tras da deliberación dos membros do xurado, entregáronse tres galardoes. O invento de ‘3D Limitless’, que imprime fármacos personalizados para evitar a problemática dos doentes con medicacións variadas, ficou en primeiro lugar, levándose 1.000 euros. Fixo entrega do mesmo Macario Yebra. O segundo posto acadouno ‘ Handy Gym’, un aparello do tamaño dun cubo de Rubik co que podemos exercitar todo o noso corpo. O equipo técnico da selección rusa de fútbol ou o da selección española de fútbol sala xa preguntaron por este proxecto, que conseguiu nesta Maker Faire Galicia 500 euros polo seu segundo premio. Entregou o galardón Roberto Bruno Moya. Por último, o proxecto ‘App To In’, unha aplicación móbil que abre fechaduras, especialmente práctica no caso dos hoteis e dos apartamentos de aluguer. Conqueríu a terceira posición e recebiu 250 euros, de man de Inés Lusquiños.Yebra Lemos explicou que "foi unha decisión difícil" polo elevado nivel dalgúns dos concursantes. O presidente destacou a importancia deste tipo de eventos, "que non só promoven a criatividade e o enxeño dos participantes, senón que tamén serven para achegar a ciencia ao público xeral", explicou. Na hora de elixir o gañador do certame, tivéronse en conta criterios como o grao de innovación, impacto e o desenvolvemento do proxecto, así como a súa novidade. Así mesmo, o xurado valorou tamén o carácter colaborativo e código aberto, a presentación do invento e o grao de interactividade co público da feira. Así mesmo, o Consello estivo presente no evento a través dunha caseta propia, ao que se achegaron decenas de asistentes interesados pola actividade do ente. A Maker Faire deselvolviuse entre os días 3 e 7 de xullo, cun completo programa que incluiu xornadas profisionais e xornadas aberta dirixidas a todos os públicos. + Info >>
O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais ( CGETI) estivo presente na Maker Faire Galicia, o maior encontro de inventores do mundo dirixido a todos os públicos. Así, o Presidente da entidade, Macario Yebra Lemos, formou parte do xurado que elixiu os tres mellores proxectos makers profesionais. Tras da deliberación dos membros do xurado, entregáronse tres galardoes. O invento de ‘3D Limitless’, que imprime fármacos personalizados para evitar a problemática dos doentes con medicacións variadas, ficou en primeiro lugar, levándose 1.000 euros. Fixo entrega do mesmo Macario Yebra. O segundo posto acadouno ‘ Handy Gym’, un aparello do tamaño dun cubo de Rubik co que podemos exercitar todo o noso corpo. O equipo técnico da selección rusa de fútbol ou o da selección española de fútbol sala xa preguntaron por este proxecto, que conseguiu nesta Maker Faire Galicia 500 euros polo seu segundo premio. Entregou o galardón Roberto Bruno Moya. Por último, o proxecto ‘App To In’, unha aplicación móbil que abre fechaduras, especialmente práctica no caso dos hoteis e dos apartamentos de aluguer. Conqueríu a terceira posición e recebiu 250 euros, de man de Inés Lusquiños.Yebra Lemos explicou que "foi unha decisión difícil" polo elevado nivel dalgúns dos concursantes. O presidente destacou a importancia deste tipo de eventos, "que non só promoven a criatividade e o enxeño dos participantes, senón que tamén serven para achegar a ciencia ao público xeral", explicou. Na hora de elixir o gañador do certame, tivéronse en conta criterios como o grao de innovación, impacto e o desenvolvemento do proxecto, así como a súa novidade. Así mesmo, o xurado valorou tamén o carácter colaborativo e código aberto, a presentación do invento e o grao de interactividade co público da feira. Así mesmo, o Consello estivo presente no evento a través dunha caseta propia, ao que se achegaron decenas de asistentes interesados pola actividade do ente. A Maker Faire deselvolviuse entre os días 3 e 7 de xullo, cun completo programa que incluiu xornadas profisionais e xornadas aberta dirixidas a todos os públicos. + Info >>
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comentários