top of page
  • Foto del escritorCGETI

O V CONGRESO INTERNACIONAL “PREVENCIÓN E SEGURIDADE INDUSTRIAL 4.0”, CELEBRARÁSE O DÍA 21 DE OUTUBRO




O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL) organizan o 5º Congreso Internacional “A Prevención e Seguridade Industrial 4.0”, que se celebrará en modalidade presencial e streaming o 21 de outubro de 2021 no Salón de Actos do Círculo de Empresarios de Galicia - Club Financeiro Vigo. Fieis á cita co Congreso 4.0, conseguiuse presentar este ano 2021 un panel de relatores e unha colección de temas á altura das esixencias actuais, marcadas por unha forte sensación de incerteza a todos os níveis. O propósito é, unha vez máis, achegar oportunidades de reflexión, ferramentas concretas e experiencias, sumadas á visión dos relatores, que nos permitan afrontar nas mellores condicións a recuperación da situación de pandemia por COVID-19 que sufrimos (e aínda sufrimos).Por iso, convidámos a quen se sinta vencellado a este importante sector da enxeñaria a que participe no Congreso. O ano pasado houbo 437 participantes, entre inscricións, relatoras e organización.

Pódese atopar información actualizada na PÁXINA WEB do Congreso. Dende o CONSELLO GALEGO DE EE.TT.II. e os catro Colexios territoriais de Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña animamos a asistir a este evento. A asistencia ás sesións do Congreso, tanto presencial como en streaming, é gratuíta previa inscrición a través do seguinte FORMULARIO. A organización entregará diploma acreditativo de participación a todos os rexistrados que asistan ás sesións.

27 visualizaciones0 comentarios
bottom of page