top of page
Foto del escritorCGETI

O CGETI CUMPRE 25 ANOS, LOGO DE TER DECRETADO A XUNTA SUA CONSTITUICIÓN NO ANO 1995


Logo da sua deliberación no Consello de Governo da Xunta de Galicia, reunido o día dezaseis de xuño de 1995, a proposta do Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o Presidente Manuel Fraga Iribarne (q.e.p.d.) asinou o Decreto 202/1995 do 16 de xuño, polo que se constituíu o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais e aprobóu seus Estatutos iniciais.

Os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, de Lugo, de Ourense e de Vigo solicitaron ao traveso da Intercolexial Galega de Enxeñeiros Técnicos Industriais, ente informal de coordenación existente entre eles, a criación dun Consello de ámbito autonómico con o obxecto básico de agrupalos e coordenalos para asumir a súa representación en cuestións de interese común profisional diante dos poderes públicos e institucionais autonómicos.

A criación do Consello culminóu o entusiasta empeño dos compañeiros, entón Decanos, Joel Fernández Soto de Vigo; Edmundo Varela Lema (q.e.p.d.) da Coruña; Manuel Méndez López (q.e.p.d.) de Lugo e Francisco García Fernández de Ourense, aos que nesta hora os Enxeñeiros Técnicos Industriais galegos rendémoslles noso trituto de admiración e gratitude.

Tempo antes, todos eles visitaron ao Presidente Fragra Iribarne, presentándolle seu ilusionante Proxecto de constituiren un órgao que prestase continuidade à Intercolexial Galega de EE.TT.II. que nos seus anos de vida pudo dar mostra da sua forza en incontábeis iniciativas pero que, por sua natureza informal, ficaba impedida para acometer iniciativas e encomendas de meirande envergadura. Ainda así, cumpre destacar o exitoso I Congreso Galego de Enxeñaria e Mostra, impulsado pola IGETI e desenvolvido en maio de 1993 no Palácio de Congresos da Coruña, inaugurado precisamente polo Presidente Fraga.

Para os efectos da súa constitución, o expediente contou con aportación da pertinente documentación por parte dos catro colexios oficiais e das actas das respectivas xuntas xerais extraordinarias acreditando a vontade de constituiren o Consello Galego, asemade de validaren o formato de texto de Estatutos que rexerían o funcionamento do Consello.

Dende a publicación do Decreto no D.O.G. do día 11 de xullo de 1995, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais principiou sua atividade na Comunidade Autónoma de Galicia cumprindo os preceptos artellados nos seus Estatutos, de xeito relevante cooperando con as instituicións de governo da Comunidade Autónoma de Galicia. Alén diso, por Decreto 26/1998 do 22 de xaneiro, acomodáronse os Estatutos para favorecer unha mellor xestión a acaimento aos obxectivos corporativos.

A primeira Presidencia, dende os últimos meses de 1995 e no seguinte bienio 1996-1997 asumiuna o COETI de Lugo, encarregándose da sua xestión nese tempo, cedéndose sucesivamente ao COETI de Ourense en 1998-1999, ao COETI de Vigo en 2000-2001 e ao COETI da Coruña en 2002-2003, completando o primeiro ciclo previsto nos Estatutos, en que novamente voltóu a Lugo.

Coincidindo con este 25º aniversario o CGETI reeditou un Video Institucional Corporativo que fornece públicamente de explicacións sobre sua natureza, composición e obxectivos.

O Presidente en exercicio do CGETI mostra seu interese na posibilidade de realizar en outono algunha celebración conmemorativa desta efeméride en función das circunstancias que permanezcan como comunidade libre do COVID-19, se for posível.

133 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page